Nacemento:
Morte:
Chofer, 25 anos. Solteiro. Veciño de Mirallos, Santa María de Ferreiros, Paradela.
Encarcerado.
Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 21/07/1936 e trasladado ao depósito de Sarria (Lugo).
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de tenencia ilícita de armas, na causa 168/36, co resultado de sentenza de absolución. Proceso contra varios veciños de Paradela.
Condenaron á pena de morte a: Juan Abella Armesto, Julio-Manuel Cid Rodríguez, Manuel Díaz Díaz, Pablo Díaz López, Valentín López García, Benigno López López, José López López, Orencio López López, Manuel López Rodríguez, José López Yáñez, Manuel Pérez González, Ramiro Rodríguez Gutiérrez e Pedro Rodríguez Rodríguez. Penas de cadea perpetua para: Ramiro Bande López, Higinio López López, Cándido López Pena, José López Pena, Jesús López Varela, Ramón López Varela, Manuel Rodríguez López e Antonio Rodríguez Rodríguez. 20 anos de prisión: Julio Fernández Incógnito, Domingo López Arias e Pegerto López López. Castigaron a 15 anos a Francisco López González. Á pena de 12 anos condenaron a: Francisco López López, Manuel López López e Enrique Rodríguez Díaz. A Ángel López Iglesias penárono a seis anos. A sentenza declarou absoltos a: Manuel Abella Armesto, Emilio López Moure, Leonardo López Rodríguez, Manuel López Vázquez e Marcelino Vázquez Díaz.
Puxérono en liberdade o día 28/09/1940.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de atraco e roubo, na causa 340/41, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio segundo resolución do día 10/07/1942.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de atraco, na causa 453/42, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio segundo resolución do día 08/09/1942.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de relación con bandoleiros, na causa 90/51, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio segundo resolución do día 11/05/1951.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.