← Volver atrás

Pardo Rodríguez, José

Alcume: o Rego
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Fuxido

Nacemento:

Sarria
(Lugo)
- 01/01/1921 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Carpinteiro, 15 anos. Veciño de Lugo.

Dirixente do PSOE e agrarista.

Encarcerado. Fuxido.

Detido polos franquistas sen procedemento xudicial

Colaborou como enlace da guerrilla e, unha vez que o descubriron, tivo que fuxir ao monte.

Incorporouse á III Agrupación luguesa do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que mandaba José-Luis Castro Veiga, o Piloto, ben entrada a década dos corenta. Con el incorporáronse Gregorio-Adolfo Cenitagoya González, Julián Mateo Vázquez, Maximino Rodríguez Pérez e Julio Fernández Rodríguez.

Na III Agrupación Castro Veiga creou o Destacamento D, no que se integraron: Abelardo Gutiérrez Alba; Elías López Armesto, o Paxariño; José Arias Fernández, Cristo; Adolfo-Gregorio Cenitagoya González; José Pardo Rodríguez, o Rego, e Francisco López Quinte, Paco de Rigueiro.

Procesárono na causa 522/47 en febreiro de 1948, na que o reclamou con outros fuxidos o Xulgado Militar Eventual nº 1 de Lugo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha