Nacemento:
Morte:
Tiña 18 anos.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Próximo ao PCE, botouse ao monte e participou en accións contra a Garda Civil.
Dentro da III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) José-Luis Castro Veiga, o Piloto, creou o Destacamento D, no que se integraron: Abelardo Gutiérrez Alba; Elías López Armesto, o Paxariño; José Arias Fernández, Cristo; Adolfo-Gregorio Cenitagoya González; José Pardo Rodríguez, o Rego, e Francisco López Quinte, Paco de Rigueiro. José Arias foi un dos lugartenentes do Piloto.
En 1946 elixírono segundo xefe da III Agrupación do EGG; participou en case que todas as súas accións ata 1949 na que se dispersaron os restos da agrupación e el volveu ao seu lugar natal, onde se agochou.
Procesárono en Lugo na causa 522/47.
O día 06/05/1950, con algúns compañeiros, tentaron o asalto ao coche da liña Quiroga-Monforte, en Seoane, para facerse con 50.000 pesetas do recadador da contribución; unha parella da Garda Civil que facía a escolta repeleu o ataque.
Despois escondeuse catro anos na súa aldea natal de Paredes de Arriba, vivindo nun tobo como un animal e dependendo do sustento da súa familia.
O día 27/05/1954 morreu cando un número da Garda Civil o descubriu no seu tobo mentres se preparaba para marchar ao estranxeiro. Despois de que o detectaran, eliminárono “como un animal” e cando só tiña como única arma un fouciño.
Morte rexistrada por ferida de arma de fogo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.