← Volver atrás

Valle Valle, Celia

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

Casaio Suso, Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras
(Ourense)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ponferrada
(León)
- 07/10/2001 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrega, 20 anos. Casou o día 06/02/1932 con Manuel Álvarez Arias, Bailarín.; tiveron tres fillas e tres fillos: Encarnación, Óscar, Guillermo, Manuela, Alberto e Rosa. Veciños de Casaio Suso. Irmá de César Valle Valle, encarcerado, de Clotilde Valle Valle, encarcerada, e de María Valle Valle, encarcerada.

Encarcerada.

Celia, ás súas irmás María e Clotilde e a súa nai Encarnación Valle Carrera comezaron a ingresar nos cárceres, a seren perseguidas, a sufrir rexistros. A Celia encarcerárona, as súas irmás marcharon a Portugal e á súa nai prendérona e despois de torturala para que dixera onde se atopaba o seu xenro, guindárona ao río Casaio.

Celia pasou polas cadeas, entrando e saíndo, de Celanova, O Carballiño, Ourense, Villafranca do Bierzo, Ponferrada, León, Astorga, Amorebieta, Segovia... Nas súas saídas da cadea, tentaba pasar armas ás persoas que estaban na cadea.

Xulgada no Tribunal Militar Territorial de Ourense na causa 77/41.

Xulgárona en consello de guerra en León o día 23/07/1942 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 374/41, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de cadea, que cumpriu en penais de fóra de Galicia. Condenaron á mesma pena a África Álvarez Valle, Clotilde Valle Valle e Belarmino Vega Núñez.

O seu home andou en fuga ata o ano 1940; Manuel entregouse, xulgárono en consello de guerra e fusilárono o día 12/06/1943 en Ourense.

Presa en Astorga, Amorebieta (onde morreu a súa filla Rosa) e Segovia; as mesmas cadeas nas que a acompañou Clotilde.

Interna na Prisión Provincial de Ourense, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 361 do día 27/12/1943.

Volveu a Casaio a comezar da nada. Queimáranlle a casa e roubaran todo o que nela había.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha