← Volver atrás

Rodríguez Cadórniga, Felicitas

Alcume: a Xoba
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

O Val, Santa Mariña de Rubiá, Rubiá
(Ourense)
- 09/05/1918 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 17/02/2011 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 18 anos. Veciña do Val. Filla de Concepción Rodríguez Cadórniga, executada, e irmá de Remedios Rodríguez Cadórniga, executada. Era parella do fuxido Jesús Quiroga Arias, o Chucho de Xagoaza, morto en enfrontamento no ano 1952; tiveron unha filla: Lola, nada no ano 1941, cando se atopaba na cadea.

Encarcerada.

Ao mozo da súa irmá Remedios, Gerardo Núñez Rodríguez, o Perdigueiro, que combatera no exército republicano no 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias, buscábano en outubro de 1939 forzas do I Terzo da III Bandeira da Lexión, que dirixía o entón tenente Sergio Peñamaría de Llano.

Andar nesta procura e na do Chucho de Xagoaza, que matara un veciño que as roubaba, deu como resultado os aforcamentos da súa moza, Remedios Rodríguez Cadórniga, e da nai desta, Concepción Rodríguez Cadórniga, o día 19/10/1939. Penduráronas dunha cerdeira nas proximidades da súa casa á vista de todos os veciños.

A irmá de Remedios, Felicitas Rodríguez Cadórniga, salvouse de ser colgada ao non estar na casa no momento no que se cometeron os asasinatos, pois estaba a apañar patacas en San Miguel de Xagoaza, O Barco de Valdeorras (Ourense), axudando á familia do seu mozo.

Polos mesmos feitos do encubrimento de Gerardo tamén colgaron, o día 23/10/1939, tres dos seus irmáns: José Núñez Rodríguez, 30 anos; Francisco Núñez Rodríguez, 28 anos, e Ramón Núñez Rodríguez, 25 anos.

Despois destes feitos, Felicitas pasou varias semanas agochada e marchou para o monte co seu mozo. Detida en abril de 1941, cando a sorprenderon na compañía da súa parella, el foi quen de fuxir.

Queimáronlles a súa casa.

Xulgada en Ourense polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a tres anos de prisión menor.

Pasou polos cárceres do Barco de Valdeorras e de Ourense.

Saída da cadea volveu ao Val coa filla e por alí pasaba o Chucho para acubillarse; por mor dunha delación, o día 20/08/1952 os represores prenderon a José.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.