← Volver atrás

Quiroga Arias, Jesús

Alcume: o Chucho de Xagoaza
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

San Miguel de Xagoaza, O Barco de Valdeorras
(Ourense)
- 01/01/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Val, Santa María de Rubiá, Rubiá
(Ourense)
- 22/08/1952 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornaleiro, 21 anos. Parella de Felicitas Rodríguez Cadórniga, a Xoba, encarcerada; tiveron unha filla: Lola. Veciños do Val. Traballaba nas viñas e non tiña ideas políticas.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Prendérono as forzas represoras e cando o levaban a pasear, conseguiu fuxir aínda que ferido e agochouse dous anos na casa familiar sen levantar sospeitas. Logo fuxiu ao Val onde coñeceu a Felicitas; os dous andaron fuxidos e iniciaron unha relación sentimental.

Declarado desertor, Chucho pasou máis de 20 anos no monte ata que o mataron as forzas represivas.

Mario Rodríguez Losada, o Langullo, o Pinche, e Gervasio Cereijo Veiga, Trenzas, dirixían unha partida que actuaba por Quiroga, Manzaneda e Trives, nas serras da Queixa, San Mamede e Cabeza de Manzaneda, realizando sabotaxes, ataques ao Goberno e represións de colaboradores e delatores, sobre todo curas e falanxistas. Neste grupo tamén figuraba Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo. Mantiñan relación cos portugueses da oposición a Antonio de Oliveira Salazar e tamén co grupo de Manuel Girón Bazán, Girón, co que mantiveron reunións en Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense). No ano 1941 uniuse a esta partida Jesús Quiroga Arias, Chucho.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 320/45.

Xulgado en consello de guerra en Lugo na causa 616/48 por bandoleiro.

Chucho foi o último fuxido morto na comarca de Valdeorras. Morreu na casa de Felicitas, no Val, onde se acubillaba. Segundo a súa parella, pegouse un tiro na tempa cando o arrodeaban forzas da Garda Civil do Barco de Valdeorras, A Rúa e Ponferrada, que souberon do seu agocho por unha delación.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha