Nacemento:
Morte:
Comerciante de xoiería, 27 anos. Solteiro. Veciño de Pontevedra.
Militante de Unión Republicana (UR).
Encarcerado.
Nos días nos que se produce o golpe dos militares sublevados participou nos rexistros domiciliarios en Campo Lameiro (Pontevedra).
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 04/02/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 1136/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Neste consello de guerra condenaron a cadea perpetua a: Timoteo Blanco Abal, José Campos Villar e Vicente-Santiago Soto Martínez; a 15 anos de cadea castigaron a José-Elías Silva Caneda, a 12 anos a Adolfo Caeiro García e a tamén a prisión a Manuel Fuentes Cerviño. Descoñécese a sentenza que lle correspondeu a Lorenzo Silva Barros. Auto de sobresemento provisorio para Emilio González Castro e declaración de fuxido e en rebeldía para Benito-Gabino Méndez Rodríguez.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 11/10/1937. Participou no intento de fuga masiva do día 22/05/1938 e arrestárono os carabineiros o seguinte 1 de xuño.
Trasladárono de San Cristóbal o 27/08/1940.
Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de catro anos de prisión menor o día 26/06/1940.
Despois da caída do aparato comunista, xulgárono na Coruña por dar apoio e aloxamento a Alejandro Gama Casalderrey.
Xulgado nun consello de guerra sumarísimo no salón de actos da Agrupación de Sanidade Militar da Coruña o día 30/07/1947, xunto con outras 55 persoas detidas entre finais de 1946 e primeiros de 1947, na causa 36/47, acusados de pertencer ao PCE, de relación coa guerrilla e de dirixir os actos deste brazo armado, de organización política ilegal e de reparto de propaganda subversiva.
No sinalado xuízo condenaron a cadea perpetua a: Alejandro Gama Casalderrey e Ramón Seoane Suárez; pena de 15 anos de cadea para José Pol Loriga; condenaron tamén a prisión dun ano a Timoteo Blanco Abal; castigaron á cadea a Rogelio González Suárez. Procesaron tamén, entre outras persoas, a: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Carlos Allegue Caruncho, Juan Añón Santos, Darío Caramés Bermúdez, Ángel Chamorro Castro, Benigno Fraga Pita, Agustín González Aneiros, David Lázaro Fernández, Ángel Leira Piñeiro, Juan López Iglesias, Manuel Martínez Martínez, José Méndez Méndez, Antonio Naya Regueira, José Otero González, Severino Pan Cupeiro, Francisco-Andrés Pol Loriga, Eduardo Rodríguez Paz, Antonio Vidal Vilas e Emilio Villar Villar.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.