← Volver atrás

González Suárez, Rogelio

Alcume: Braulio Fernández Portela
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Sancionado. Encarcerado

Nacemento:

Salcedo
(Pontevedra)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Carpinteiro e sindicalista, 30 anos. Veciño de Pontevedra.

No ano 1936 era vicepresidente do Gremio de Carpinteiros en Pontevedra e da Federación Obreira Local (FLO).

Fuxido. Sancionado. Encarcerado.

Cando se produce o golpe de Estado ocultouse no monte con Manuel García Filgueira ata regresar ao seu domicilio; permaneceu agochado na casa ata novembro de 1945.

Desde o ano 1938 estivo en busca e captura por ser de marcada significación contraria ao Réxime e de figurar como fuxido.

En agosto de 1940 o Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña condenouno a dez anos de desterro a 150 quilómetros de Pontevedra, dez anos de inhabilitación absoluta e multa de 250 pesetas.

En 1945 trasladouse A Coruña, residiu na rúa Marconi, 31 baixo, e adoptou o nome de Braulio Fernández Portela. Traballou na Empresa Rodolfo Lama Prada.

Contactou co xastre da rúa Marconi, 15 baixo, Manuel Martínez Martínez e con Alejandro Gama Casalderrey, a quen coñecía de Pontevedra, e organizaron o Comité Provincial do PCE do que o designaron secretario político. Axudara con Emilio Villar Villar a Alejandro Gama Casalderrey para que se trasladase de Pontevedra para A Coruña; Alejandro en Pontevedra corría máis perigo pois era moi coñecido.

En xaneiro de 1947, cando o perseguía a policía franquista, marchou cara Cádiz; detivérono en febreiro dese mesmo ano.

Xulgado nun consello de guerra sumarísimo no salón de actos da Agrupación de Sanidade Militar da Coruña o día 30/07/1947, xunto con outras 55 persoas detidas entre finais de 1946 e primeiros de 1947, na causa 36/47, acusados de pertencer ao PCE, de relación coa guerrilla e de dirixir os actos deste brazo armado, de organización política ilegal e de reparto de propaganda subversiva co resultado de sentenza a prisión.

No sinalado xuízo condenaron a cadea perpetua a: Alejandro Gama Casalderrey e Ramón Seoane Suárez; pena de 15 anos de cadea para José Pol Loriga; condenaron tamén a prisión dun ano a Timoteo Blanco Abal; castigaron á cadea a Rogelio González Suárez. Procesaron tamén, entre outras persoas, a: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Carlos Allegue Caruncho, Juan Añón Santos, Darío Caramés Bermúdez, Ángel Chamorro Castro, Benigno Fraga Pita, Agustín González Aneiros, David Lázaro Fernández, Ángel Leira Piñeiro, Juan López Iglesias, Manuel Martínez Martínez, José Méndez Méndez, Antonio Naya Regueira, José Otero González, Severino Pan Cupeiro, Francisco-Andrés Pol Loriga, Eduardo Rodríguez Paz, Antonio Vidal Vilas e Emilio Villar Villar.

Cumpriu a condena na Colonia Penitenciaria de El Dueso, Santoña (Cantabria).

Puxérono en liberdade condicional en El Dueso en xullo de 1952.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.