← Volver atrás

García Filgueira, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Santa María de Mourente, Pontevedra
(Pontevedra)
- 16/02/1882 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Canteiro, sindicalista e político, 54 anos. Compañeiro de Emma Mourón Álvarez; tiveron dous fillos e dúas fillas: Manuel, Pilar, Rosario e Carlos. Veciños de Pontevedra.

Líder da Sociedade Labrega de Mourente e presidente da Federación Local Obreira (FLO) de Pontevedra. Concelleiro socialista de Pontevedra nas eleccións de 1913 e volveu ser concelleiro en 1920. Membro do primeiro Comité Rexional do PCE en 1923.

Na República foi de novo concelleiro en Pontevedra ata a súa detención e substitución polos sucesos de outubro de 1934. Despois do triunfo da Fronte Popular (FP) elixírono 1º tenente de alcalde e despois alcalde de Mourente en substitución de Bibiano Fernández Osorio-Tafall, quen marcharía a Madrid como subsecretario de Gobernación.

Fuxido. Encarcerado. Sancionado.

Despois do golpe militar estivo nunha cuadrilla de fuxidos na que figuraban: Emilio Peón Méndez e Manuel Méndez Acuña, Emilio Méndez Montes, Manuel García Filgueira e Pastor Torres Paz. Logo escondeuse con Rogelio González Suárez e, o día 19/07/1949, trece anos despois, presentouse ás novas autoridades.

Xulgado en consello de guerra o día 29/10/1949 en Pontevedra polo delito de de auxilio á rebelión militar, na causa 302/49, co resultado de sentenza a 12 anos de reclusión menor e inhabilitación absoluta durante o período de duración da cadea.

En novembro reducíronlle a pena a dous anos de prisión menor e finalmente indultárono.

Non tivo moita actividade política posteriormente e sufriu un estraño atropelo do que quedou coxo.

Procesárono por responsabilidades políticas no ano 1940, condenárono a dez anos de desterro a máis de 150 quilómetros de Pontevedra, dez anos de inhabilitación absoluta e multa de 250 pesetas. Indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha