← Volver atrás

Torres Paz, Pastor

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Pontevedra

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Empregado. Veciño de Pontevedra.

Sindicalista.

Fuxido. Encarcerado.

Despois do golpe militar formaron unha cuadrilla de fuxidos: Emilio Peón Méndez e Manuel Méndez Acuña (estes dous eran irmáns pola súa nai), Emilio Méndez Montes, Manuel García Filgueira e Pastor Torres Paz.

Xulgado en consello de guerra co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Logo de permanecer no monte, Emilio Méndez Montes e Pastor Torres Paz, que eran moi amigos, agocháronse durante dous anos nun tobo na adega da casa da nai de Pastor, Teresa Paz, onde permaneceron ata o día 15/05/1939, cando se presentaron por non ter delitos de sangue diante da promesa de indulto do gobernador civil Manuel Gómez Cantos. Prendérono.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 560/37, co resultado de sentenza a catro anos de prisión menor.

Os procesados neste xuízo recibiron os seguintes castigos de cadea perpetua para: Rafael Chacón Mouriño, Ramón Martínez Vázquez, José-Manuel-Ernesto Tomé Martínez e Constante Tomé Tomé; condenaron a 15 anos de cadea a Víctor Acuña Fontán; penas de 12 anos e un día para: Luis de Sá Bravo e Manuel Vilas Corbacho; a Pastor Torres Paz condenárono a catro anos e declararon fuxido a Inocente Filgueira Pérez.

Puxérono en liberdade condicional o día 16/11/1945.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha