← Volver atrás

Peón Méndez, Emilio

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Irmán pola nai de Manuel Méndez Acuña, paseado. Veciño de Ruibal, San Martiño de Salcedo (Pontevedra).

Fuxido.

Despois do alzamento militar estivo agochado varios meses con outros membros da súa familia na Carballa, San Martiño de Salcedo, Pontevedra (Pontevedra), na casa de Dolores López, que padeceu penas de cárcere despois de que a detiveran membros da Garda Cívica. Por mor dunha delación fixeran redadas nesta casa familiar pero non foron quen de atopar aos fuxidos.

Formou parte dunha cuadrilla de fuxidos na que figuraban: Emilio Peón Méndez, Manuel Méndez Acuña, Emilio Méndez Montes, Manuel García Filgueira e Pastor Torres Paz.

Ao remate da guerra presentouse no Goberno Civil de Pontevedra, estivo interno na Prisión Central de Figueirido (Pontevedra) e desterrárono ao Principado de Asturias.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha