Nacemento:
Morte:
Casado, despois de pasar pola cadea e o desterro, con Manuela Gallego Peleteiro; tiveron un fillo: José. Xenro de José Gallego Acuña, asasinado, e de Josefa Peleteiro Rial, maltratada. Veciños de Ruibal, San Martiño de Salcedo.
Fuxido. Encarcerado.
Despois do golpe militar formou parte dunha cuadrilla de fuxidos cos seus curmáns Emilio Peón Méndez e Manuel Méndez Acuña (estes dous eran irmáns pola súa nai), Manuel García Filgueira e Pastor Torres Paz.
A súa dona marchou a Raxó para evitar represalias e logo volveu a Ruibal, servindo de enlace e apoio do seu home na clandestinidade.
Por tentar capturalo, os falanxistas asasinaron ao seu sogro José Gallego Acuña (que non quixera fuxir con el ao monte), co seu curmán Manuel Méndez Acuña e co seu tío Manuel Méndez Montes.
Despois de permanecer no monte, Emilio Méndez e Pastor Torres Paz, que eran moi amigos, agocháronse durante dous anos nun tobo na adega da casa da nai de Pastor, Teresa Paz, onde permaneceron ata o día 15/05/1939, cando se presentaron por non ter delitos de sangue diante da promesa de indulto do gobernador civil Manuel Gómez Cantos.
Emilio Méndez volveu fuxir e detivérono o día 10/04/1942 na Carballa, na casa de Dolores López; tivo unha filla, Manuela, con Juana Iglesias López, a Choia, filla de Dolores.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Despois reducíronlle a pena e, finalmente indultárono; puxérono en liberdade condicional provisoria o día 26/07/1943. Tivérano interno na Prisión Central de Figueirido (Pontevedra), publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 237 do día 25/08/1943.
Desterrárono por seis anos ao Principado de Asturias.
No ano 1948 arrestárono con Emilio Peón Méndez por pertenza ao PCE clandestino. A Méndez Montes condenárono a seis anos de cadea, reducidos a tres anos por traballos; ingresárono no penal de El Dueso, Santoña (Cantabria).
Volveron prendelo no ano 1950 por antifranquista.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.