← Volver atrás

Peleteiro Rial, Josefa

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada co carpinteiro José Gallego Acuña. Veciños de Ruibal, San Martiño de Salcedo, Pontevedra (Pontevedra). A súa filla Manuela Gallego Peleteiro, dona de Emilio Méndez Montes, colaborou como enlace da guerrilla antifranquista.

O seu home era dirixente agrarista e concelleiro de Pontevedra no ano 1931 pola candidatura agrario-obreira, de inclinación comunista.

Vítima colateral.

Despois do golpe dos militares sublevados a José prendérono na súa casa de Ruibal, torturárono e asasinárono o día 24/08/1936. O seu cadáver apareceu cos xenitais na boca.

O día que o buscaron na súa casa déronlle unha malleira á súa dona Josefa, provocándolle unha doenza hepática, que a levaría á morte cinco anos máis adiante.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha