← Volver atrás

Gallego Peleteiro, Manuela

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada co fuxido Emilio Méndez Montes; tiveron un fillo: José. Filla de José Gallego Acuña, asasinado, e de Josefa Peleteiro Rial, maltratada. Veciños de Ruibal, San Martiño de Salcedo (Pontevedra).

Vítima colateral.

Despois do golpe militar o seu home estivo nunha cuadrilla de fuxidos cos seus curmáns Emilio Peón Méndez e Manuel Méndez Acuña (estes dous eran irmáns pola súa nai), Manuel García Filgueira e Pastor Torres Paz.

Manuela servía de enlace e apoio do seu home na clandestinidade.

Por tentar capturar a Emilio, os falanxistas asasinaron o seu pai José Gallego Acuña (que non quixera fuxir con el ao monte).

Ao seu home xulgárono en consello de guerra, pasou pola cadea de Figueirido (Pontevedra) e estivo seis anos desterrado no Principado de Asturias.

No ano 1948 Emilio volveu ser detido con Emilio Peón Méndez por pertenza ao PCE clandestino. A Méndez Montes condenárono a seis anos de cadea, reducidos a tres anos por traballos; ingresárono no penal de El Dueso, Santoña (Cantabria). Volvérono prender no ano 1950 por antifranquista.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha