← Volver atrás

Gallego Acuña, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Pontevedra
- 01/01/1887 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María de Ponte Sampaio, Pontevedra
(Pontevedra)
- 24/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, 49 anos. Casado con Josefa Peleteiro Rial. Veciños de Ruibal, San Martiño de Salcedo, Pontevedra (Pontevedra). A súa filla Manuela Gallego Peleteiro, dona do fuxido Emilio Méndez Montes, colaborou como enlace da guerrilla antifranquista.

Dirixente agrarista e concelleiro de Pontevedra no ano 1931 pola candidatura agrario-obreira do Partido Agrario (PA) de inclinación comunista.

Paseado.

Despois do golpe dos militares sublevados os gardas cívicos detivérono o día 24/08/1936 na súa casa de Ruibal.

Torturado ao longo de tres días, asasinárono e abandonaron o seu cadáver cos xenitais na boca.

O día que o buscaron na súa casa déronlle unha malleira á súa dona Josefa, provocándolle unha doenza hepática, que a levaría á morte cinco anos máis tarde.

Morte rexistrada en Ponte Sampaio por mor de hemorraxia interna.

A José procesárono en causa militar sen chegar a ditarse sentenza por estar xa morto.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha