← Volver atrás

Gómez Cantos, Manuel

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista. Represor

Nacemento:

San Fernando
(Cádiz)
- 25/03/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 29/05/1977 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar e político, 44 anos. Ingresou na Academia de Infantería de Toledo. En 1920 pasa a Garda Civil co grao de 1º tenente. Comandante da Garda Civil.

Golpista. Represor.

No momento no que se produce o golpe militar, era capitán e estaba á fronte da Garda Civil en Villanueva de la Serena (Badaxoz); sumouse á sublevación e detivo ao alcalde e aos concelleiros de Villanueva de la Serena. Asasinou un concelleiro, feriu o alcalde e fixo 60 detencións. En setembro de 1938 organizou un xuízo popular en Villanueva de la Serena que condenou á execución de 33 presos desta localidade, que aínda quedaban presos. Auténtico represor das provincias estremeñas, ascendérono a comandante.

En marzo de 1939 nomeárono gobernador civil de Pontevedra co obxectivo de solucionar o problema dos fuxidos. Para resolver a cuestión dos escapados decretou a posta en liberdade de todos os presos gobernativos e publicou un bando para que todos os fuxidos, que non tiveran as mans manchadas de sangue, se presentaran diante del para regular a súa situación.

Logrou que se presentasen máis de 200 fuxidos. Entre os que tentou que se presentaran, contábanse os irmáns Julio Guillén Biel e Vicente Guillén Biel, do grupo dos Maletas; ao desconfiar que fora unha trampa, estes seguiron fuxidos no monte.

O día 25/08/1939 cesárono fulminantemente no seu cargo, polas suspicacias entre os dereitistas, e substituíuno outro mando da Garda Civil, o capitán Francisco García Alted, que ordenou deter e investigar á maioría dos que se presentaran. Moitos volveron á clandestinidade.

Regresou a Estremadura xa como tenente coronel á fronte da comandancia de Cáceres. Designado en 1942 responsable das forzas encargadas da represión dos fuxidos da zona. O día 28/08/1942 mandou asasinar en Alía (Cáceres) a 30 persoas escollidas ao chou, coa fin de aterrorizar á poboación e que non apoiasen aos maquis. Tentou repetir tal fazaña, pero esta vez con 90 persoas; paroulle os pés o cura Ambrosio Eransus Iribarren, comandante castrense (Yelz, Val de Lizoain, Navarra).

En abril de 1945 un grupo de maquis tomou por catro horas a localidade de Mesas de Ibor (Cáceres), desarmando aos catro gardas civís do posto; Gómez Cantos ordenou o fusilamento de tres dos gardas civís por covardes.

Por denegarlle os auxilios espirituais aos gardas civís asasinados, o bispo de Cáceres e o cardeal primado de España Enrique Plá y Deniel (Barcelona) premeron a Francisco Franco Bahamonde e ao tenente coronel procesárono e pasou uns meses na cadea.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.