← Volver atrás

Guillén Biel, Vicente

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado. Sancionado

Nacemento:

Salvador de Coruxo, Vigo
(Pontevedra)
- 19/09/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Monte Porreiro, Santa María de Mourente, Pontevedra
(Pontevedra)
- 18/06/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Electricista, 23 anos. Veciño de San Salvador de Coruxo. Irmán de Julio Guillén Biel, morto en enfrontamento.

No ano 1935 procesárono en Vigo por lesións e rematou absolto ao confirmarse que fora en defensa propia.

Membro do Ateneo Libertario de Santa Cristina de Lavadores, Vigo.

Fuxido. Executado. Sancionado.

Cando se produce o golpe dos rebeldes chamárono a filas en agosto de 1936; non se presentou, prendérono, escapou, fuxiu ao monte e liderou unha partida de fuxidos.

Despois co seu irmán Julio formou parte do grupo dos irmáns Rogelio García Molares, o Maletas, e José García Molares, que actuaban na comarca de Vigo desde 1938. Realizaron varios asaltos na comarca de Vigo, onde el se disfrazaba de falanxista ou de militar.

Xulgado en consello de guerra en Vigo co seu irmán Julio polo delito de rebelión militar na causa 934/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

O día 06/06/1939 presentáronse os dous irmáns ao gobernador civil de Pontevedra, Manuel Gómez Cantos; fuxiron de novo ao coñecer que ían ser detidos despois do relevo de Gómez Cantos.

A Vicente detivérono ese mesmo ano 1939.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 10/03/1941 polo delito de rebelión militar, na causa 952/39, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado nos diques de Monte Porreiro, Santa María de Mourente, Pontevedra (Pontevedra).

Abríronlle un expediente por responsabilidades políticas en 1943 e castigárono ao pago dunha multa de 100 pesetas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha