← Volver atrás

Méndez Montes, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Nacemento:

Santo André de Lourizán
(Pontevedra)

Morte:

A Torre, San Martiño de Salcedo, Pontevedra
(Pontevedra)
- 12/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Casado con Manuela Acuña Iglesias; tiñan dous fillos: Germán e Remigio, e unha filla: América. Tío de Emilio Méndez Montes; era irmán da súa nai.

Republicano.

Morte en enfrontamento.

Ao fuxido Juan-Manuel Gómez Corbacho localizárono na Torre, organizándose unha batida que dirixía o xefe da Garda Cívica de Pontevedra, Víctor Lis Quibén, con 20 gardas cívicos e catro gardas civís que comandaba o cabo Jesús Barja Vázquez.

Os represores achegáronse a Salcedo e encamiñáronse á casa de Ramón Acuña Iglesias, empregado de tranvías; alí tamén atoparon á súa irmá Consuelo Acuña Iglesias e á moza de Gómez Corbacho, Elvira Lodeiro González.

Despois de “hábiles” interrogatorios souberon que Gómez Corbacho e Manuel Méndez Montes se agochaban nunha chabola preto da casa. Prendéronlle lume á dita chabola e, ao tentar fuxir, Juan-Manuel morreu tiroteado e Méndez Montes morreu queimado dentro da caseta.

A Ramón, Consuelo e Elvira prendéronos e xulgáronos en consello de guerra sumarísimo; o fiscal pediu para os tres a pena de morte. A Ramón e a Consuelo fusilounos na Avenida de Monte Porreiro, Santa María de Mourente, Pontevedra (Pontevedra), ás 04:00 h do día 14 de decembro, un piquete da Garda Cívica que mandaba o propio Víctor Lis Quibén. A Elvira, que dicía estar en cinta, fusilárona o sábado 19 de decembro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha