← Volver atrás

Lis Quibén, Víctor

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 01/01/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 09/07/1963 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico, etnógrafo e político, 43 anos. Veciño de Pontevedra. Nacionalizado español no ano 1918.

Membro do Somatén na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja. Dirixente desde 1932 de Unión Rexional de Dereitas (URD), despois do intento de golpe de Estado de José Sanjurjo Sacanell, en agosto de 1932, que apoiou, arrestárono as autoridades; co tempo foi amnistiado polas dereitas.

No ano 1932 funda en Pontevedra a Unión Rexional de Dereitas (URD); no ano 1933 elixírono deputado a Cortes pola URD, na coalición coa Confederación Nacional de Dereitas Autónomas (CEDA). En xullo de 1934 xa o expulsaran da CEDA pola súa animalidade.

Seguidor de José Calvo Sotelo, en xullo de 1934 fundou en Pontevedra o Comité Provincial de Renovación Española (RE), vinculada ao dito dereitista. O día 22/07/1935 presidiu a sesión da constitución do Bloque Nacional (BN) de Pontevedra. Elixido deputado en febreiro de 1936 polo BN en representación de RE. Por pouco tempo tamén estivo en Falanxe Española (FE).

O día 13/07/1936, con Manuel Castro Pena, o grupo de falanxistas que dirixían tentou tomar a cidade de Pontevedra, acción que frustrou a Garda de Seguridade e Asalto.

Compañeiro de Alejandro Bóveda Iglesias na Polifónica de Pontevedra.

Represor.

Despois do triunfo da sublevación militar, que apoiou, nomeárono e destacou, por desgraza, como líder da Garda Cívica de Pontevedra, que creara o xefe da comandancia da Garda Civil en Pontevedra Joaquín Velarde Velarde e a que secundaban os falanxistas e outros milicianos polo seu papel na represión; tomou parte activa en execucións e paseos. Existen testemuñas que indican que executou persoalmente a máis de 30 persoas. Tiñan a súa sé no cuartel da Garda Civil en Pontevedra.

Participou na detención do deputado socialista Ignacio Seoane Fernández e na persecución das partidas de fuxidos que dirixía Manuel González Fresco, o Fresco, e Ángel Manilde, o Cataplín; cacería que acabaría coa morte destes dous fuxidos e doutras 20 persoas en Ponteareas, O Porriño e concellos limítrofes.

Implicado no asasinato do canteiro Manuel Amoedo Nogueira en 1936; Amoedo era das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU).

Tamén formou parte no operativo que conduciu ao paseo do avogado e político pontevedrés Alberto Martínez Tiscar, asasinado en Bueu (Pontevedra) o día 06/09/1936.

O día 12/12/1936 participou nos “Sucesos de Salcedo” onde morreron no enfrontamento os fuxidos Juan-Manuel Gómez Corbacho e Manuel Méndez Montes. Nestes sucesos prenderon os irmáns Ramón Acuña Iglesias e Consuelo Acuña Iglesias e, tamén, a moza de Gómez Corbacho, Elvira Lodeiro González, a quen someteron a consello de guerra e executaron.

Participou noutras incontables accións represivas.

Xefe de Falanxe en Pontevedra. Denunciado en varias ocasións por mala xestión administrativa e incautacións das que se apropiou, sempre o absolveron nas causas na súa contra. Era tan besta que o expulsaron pola súa brutalidade da propia Garda Cívica.

Odiado polas persoas as que reprimiu e esquecido polos seus camaradas, despois da guerra traballou como médico e etnógrafo e morreu como un apestado social; non lle faltaban méritos.

Moitas opinións defíneno como médico brillante e culto, pero tamén como un tarado, psicópata e asasino en serie.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.