← Volver atrás

Seoane Fernández, Ignacio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado en Vigo por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 do 7 ao 17 de outubro e do 21 de novembro ao 24 de decembro

Nacemento:

Ribadavia
(Ourense)
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pereiró, Santa María de Castrelos, Vigo
(Pontevedra)
- 27/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Panadeiro, sindicalista e político, 36 anos. Veciño da rúa Doutor Cadaval, 30, en Vigo.

Militante da UXT e do PSOE, no que ingresou en setembro de 1929. Deputado nacional por Pontevedra nas filas da Fronte Popular (FP) de Vigo, nas eleccións de febreiro de 1936 polo PSOE.

Encarcerado en Vigo por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 do 7 ao 17 de outubro e do 21 de novembro ao 24 de decembro.

Executado.

Cando se produce o golpe militar dos rebeldes atopábase enfermo e retirado da vida política en Dorna, Santa María de Sacos, Cotobade (Pontevedra) desde o 8 de xullo; alí o detiveron os fascistas e ingresárono na cadea viguesa o día 04/08/1936.

A Ignacio perseguiuno a Garda Cívica pontevedresa, que dirixía o deputado de Renovación Española (RE), Víctor Lis Quibén, alférez.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Vigo o día 22/08/1936 polo delito de traizón, na causa 142/36, co resultado de sentenza á pena de morte. Acusárono en falsidade da entrega de armas na Casa do Pobo de Vigo.

Neste procedemento condenaron á pena de morte a: Ignacio Seoane Fernández e Apolinar Torres López; castigaron coa cadea perpetua a Pastor Rodríguez Iglesias.

O médico José Ramón de Castro Rodríguez emitira un certificado sobre o seu mal estado de saúde mental, que indicaba que non se achaba en Vigo no momento da rebelión, confirmando que non formara parte do Comité de Defensa da República do que o acusaban.

Ás 05:30 h do día 27 fusilaron nos muros do cemiterio de Pereiró, en Vigo, a: José Antela Conde, camareiro; os irmáns Antonio Bilbatúa Zubeldía, funcionario, e Demetrio Bilbatúa Zubeldía, fotógrafo; Enrique-Heraclio Botana Pérez, tipógrafo; Ubaldo Gil Santóstegui, médico; Ramón González Brunet, funcionario; Emilio Martínez Garrido, industrial; Manuel Rey Gómez, mariñeiro; Ignacio Seoane Fernández, panadeiro, e Apolinar Torres López, mestre.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.