← Volver atrás

Castro Rodríguez, José-Ramón de

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1944 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico, 36 anos. Veciño da rúa Pi y Margall, 128, en Vigo. Fundador e director do Dispensario Antituberculoso Municipal de Vigo, no que exerce desde 1933.

No ano 1934 afiliouse á Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA).

Pertencía, desde maio de 1931, á loxa masónica viguesa Vicus nº 8.

Encarcerado.

No momento da sublevación militar sumouse aos golpistas.

Despois do movemento golpista arrestárono por ter unha escopeta de caza, ingrésano na cadea de Vigo o día 27/08/1936 un grupo de gardas civís e falanxistas e logo trasladárono á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

O inspector de prisións Fernando Lago Búa organizou na Illa de San Simón un sistema de donativos coa falsa intención de destinalos a remediar as carencias do elevado número de presos e, co médico da Colonia Penitenciaria, Francisco Bustelo Bustelo, desenvolveron unha trama para extorsionar os presos desta cadea, facéndolles crer que estaban nas listaxes para “pasear” e que se lles entregaban unha cantidade de diñeiro influirían para evitalo. Ao médico Castro Rodríguez pedíronlle 200.000 pesetas.

O médico vigués acabou por denuncialos. Detivéronos o día 14/11/1936 xunto co seu colaborador Cándido Barros Martínez. A Lago Búa e a Bustelo condenáronos á pena de morte e fusiláronos.

Puxérono en liberdade o día 22/09/1936.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha