← Volver atrás

Bustelo Bustelo, Francisco

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

Santaia de Arca, O Pino
(A Coruña)
- 19/03/1885 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 05/01/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico, 51 anos. Casou no Carballiño (Ourense) en xaneiro de 1912 con Agripina Castro Fernández. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1911. Desde mediados dos anos dez trasladouse a Vigo como médico da prisión desta cidade.

Represor.

Destinárono no ano 1936 á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Fernando Lago Búa, inspector deste presidio, organizou un sistema de donativos coa falsa intención de destinalos a remediar as carencias do elevado número de presos e, co médico da Colonia Penitenciaria, Francisco Bustelo Bustelo, desenvolveron unha trama para extorsionar os presos desta cadea, facéndolles crer que os tiñan nas listaxes para “pasear” e que si lles entregaban unha cantidade de diñeiro influirían para evitalo.

Denunciounos o preso e médico vigués José-Ramón de Castro Rodríguez diante do xefe militar Severiano Martínez Anido. Detivéronos o día 14/11/1936 xunto co seu colaborador Cándido Barros Martínez.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 21/12/1936, na causa 1219/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Condenaron á pena capital e executaron a Fernando Lago e a Francisco Bustelo; a Cándido Barros absolvérono neste proceso.

Bustelo chegou a mandar unha carta a Francisco Franco Bahamonde na que solicita a conmutación da súa pena pola de cadea perpetua.

Fusiláronos en Vigo nos arredores do Monte do Castro.

Ao capitán da Garda Civil e delegado de Orde Pública en Vigo, Francisco González Rodríguez, o Rabioso, cesárono no cargo de responsable de Orde Pública en febreiro de 1937, ascendérono a capitán e destinárono á comandancia de Córdoba. Probablemente a súa caída en desgraza se debe a estar relacionado coa trama mafiosa que lideraba o xefe da Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), Fernando Lago Búa, do que participou no seu fusilamento.

Procesárono por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1955.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.