← Volver atrás

Barros Martínez, Cándido

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

Pontevedra

Morte:

Pontevedra
- 23/04/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Político. Casado con Isolina Muíños Búa; tiveron tres fillas e tres fillos: Emilia, Josefa, Fernando, Olga, Jaime e Julio.

Copropietario do xornal El Progreso co seu irmán Benigno; correspondente de El Sol en Pontevedra. Secretario da Cámara de Comercio de Pontevedra.

Represor.

O inspector de prisións Fernando Lago Búa organizou un sistema de donativos coa falsa intención de destinalos a remediar as carencias do elevado número de presos e, co médico da Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), Francisco Bustelo Bustelo, desenvolveron unha trama para extorsionar os presos desta cadea, facéndolles crer que estaban nas listaxes para “pasear” e que, se lles entregaban unha cantidade de diñeiro, influirían para evitalo.

Denunciounos o preso e médico vigués José-Ramón de Castro Rodríguez. Detivéronos o día 14/11/1936 xunto co seu colaborador Cándido Barros Martínez.

Xulgado en consello de guerra o día 21/12/1936 co resultado de sentenza de absolución.

A Fernando Lago e Francisco Bustelo condenáronos á pena de morte e executáronos.

Ao capitán da Garda Civil e delegado de Orde Pública en Vigo (Pontevedra), Francisco González Rodríguez, o Rabioso, cesárono no cargo de responsable de Orde Pública en febreiro de 1937, ascendérono a capitán e destinárono á comandancia de Córdoba. Probablemente a súa caída en desgraza se debe a estar relacionado coa trama mafiosa que lideraba o xefe da Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), Fernando Lago Búa, do que participou no seu fusilamento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha