Nacemento:
Morte:
Mestre, fotógrafo e político, 39 anos. Casado coa asturiana Sagrario Rodríguez Rodríguez; tiñan un fillo: Demetrio. Veciños da rúa Vázquez Moreno, 45-4º, en Vigo. Irmán de Luis Bilbatúa Zubeldía, paseado polos falanxistas o día 15/09/1936 e de Antonio Bilbatúa Zubeldía, executado con Demetrio.
Militante do PSOE e presidente da Agrupación Socialista (AS) de Vigo. En abril de 1936 designárono compromisario pola candidatura da Fronte Popular (FP) de Pontevedra, para a elección do presidente da República, cargo que recaeu en Manuel Azaña Díaz.
Executado.
Cando se produce a sublevación militar arrestárono en Vigo con outros dirixentes das esquerdas.
Sometido a un consello de guerra sumarísimo en Vigo, o día 20/08/1936, polo delito de traizón co resultado de sentenza á pena de morte.
Ás 05:30 h fusilaron nos muros do cemiterio de Pereiró, en Vigo, a: José Antela Conde, camareiro; os irmáns Antonio Bilbatúa Zubeldía, funcionario, e Demetrio Bilbatúa Zubeldía, fotógrafo; Enrique-Heraclio Botana Pérez, tipógrafo; Ubaldo Gil Santóstegui, médico; Ramón González Brunet, funcionario; Emilio Martínez Garrido, industrial; Manuel Rey Gómez, mariñeiro; Ignacio Seoane Fernández, panadeiro, e Apolinar Torres López, mestre.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.