Nacemento:
Morte:
Tipógrafo, xornalista e político, 64 anos. Compañeiro da barcelonesa Juana Rodríguez de Ibars. Veciños de Vigo. Era medio irmán, polo pai, de Manuel Portela Valladares. Propietario da imprenta La Nueva Prensa. Traballador das artes gráficas en Vigo.
Fundou a UXT de Vigo, da que foi dirixente. No ano 1900 era presidente da Agrupación Socialista (AS) de Vigo. No ano 1913 elixírono concelleiro de Vigo polo PSOE. Presidente da Casa do Pobo de Vigo. En 1931 foi un dos políticos e sindicalistas que proclamaron a II República en Vigo. Elixido deputado por Pontevedra nas eleccións para as Cortes Constituíntes do ano 1931. Defensor da alianza dos socialistas cos sectores republicanos.
Director do xornal Solidaridad desde 1901.
Pertenceu ao Comité Revolucionario de Vigo durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, polo que o ingresaron na cadea.
A radicalización do seu partido pola folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 afastouno da política.
Executado.
Cando se produce o golpe dos rebeldes formou parte do Comité de Defensa da República da Fronte Popular (FP) e arrestárono os sublevados o día 24/07/1936 igual que a moitos outros dirixentes das esquerdas.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Vigo polo delito de traizón, o día 20/08/1936, co resultado de sentenza á pena de morte o seguinte día 22.
Ás 05:30 h fusilaron nos muros do cemiterio de Pereiró, en Vigo, a: José Antela Conde, camareiro; os irmáns Antonio Bilbatúa Zubeldía, funcionario, e Demetrio Bilbatúa Zubeldía, fotógrafo; Enrique-Heraclio Botana Pérez, tipógrafo; Ubaldo Gil Santóstegui, médico; Ramón González Brunet, funcionario; Emilio Martínez Garrido, industrial; Manuel Rey Gómez, mariñeiro; Ignacio Seoane Fernández, panadeiro, e Apolinar Torres López, mestre.
Morte rexistrada no cemiterio de Pereiró, en Vigo, por mor de ferida de arma de fogo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.