Nacemento:
Morte:
Funcionario e político, 42 anos. Casado; tiñan catro fillos e a dona estaba embarazada do quinto. Veciños da rúa Segunda Travesa de Taboada Leal, 8, en Vigo. En xuño de 1915 aprobou as oposicións ao corpo de Telégrafos. Destinado en Vigo, onde era xefe de negociado de Telégrafos. Profesor de Física e Mecánica na Escola de Peritos e de Física e Química no Colexio María Auxiliadora. Irmán de Luis Bilbatúa Zubeldía, paseado polos falanxistas o día 15/09/1936 e de Demetrio Bilbatúa Zubeldía, executado con Antonio. Profesor de Física en Vigo.
Militante do PSOE desde 1918 e vicepresidente da Agrupación Socialista (AS) de Vigo. Afiliado á UXT. Presidente da Casa do Pobo de Vigo. Elixido deputado pola provincia de Pontevedra nas eleccións do 16/02/1936, dentro das filas da Fronte Popular (FP).
Pasou pola prisión despois da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
Executado.
Cando se produce a sublevación militar tentou organizar a resistencia contra os golpistas e prendérono no edificio do Concello de Vigo con outros dirixentes das esquerdas, ás 21:00 h do día 20 de xullo. Bilbatúa tentara, sen éxito, que os gardas civís do cuartel de Lavadores colaboraran na requisa de armas para enfrontarse aos sublevados.
Xulgado nun consello de guerra sumarísimo no Pazo de Xustiza de Vigo o día 22/08/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 140/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
O fiscal foi Hernán Martín-Barbadillo Pául, quen solicita a pena de morte para todos eles.
Ás 05:30h fusilaron nos muros do cemiterio de Pereiró, en Vigo, a: José Antela Conde, camareiro; os irmáns Antonio Bilbatúa Zubeldía, funcionario, e Demetrio Bilbatúa Zubeldía, fotógrafo; Enrique-Heraclio Botana Pérez, tipógrafo; Ubaldo Gil Santóstegui, médico; Ramón González Brunet, funcionario; Emilio Martínez Garrido, industrial; Manuel Rey Gómez, mariñeiro; Ignacio Seoane Fernández, panadeiro, e Apolinar Torres López, mestre.
O pelotón de fusilamento mandábao Antonio Carreró Vergés, quen morrería un mes despois na fronte asturiana.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.