← Volver atrás

Carreró Vergés, Antonio

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista. Morte en combate

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 19/09/1889 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Peñaflor, Grado
(Principado de Asturias)
- 27/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 46 anos. Ingresou na Academia de Infantería de Toledo no ano 1915. Prestou servizos nas campañas de África como oficial de Artillería. Capitán do Rexemento de Murcia en Vigo.

Golpista. Morte en combate.

Despois de producirse o golpe rebelde do 18 de xullo, ás ordes de Felipe Sánchez Rodríguez, comandante militar de Vigo, declarou o estado de guerra o día 20/07/1936 na Porta do Sol, en Vigo, producíndose de seguido unha matanza de civís cando ordenou ás súas tropas disparar contra os asistentes. Os feitos destes enfrontamentos nas rúas de Vigo abrangueron do 18 ao 28 de xullo, coñecidos como a Batalla de Vigo, e Cerveró dispoñía de 750 homes, entre militares, gardas civís e gardas de asalto. Nos enfrontamentos houbo uns 50 mortos, moitos feridos e gran cantidade de presos.

A finais de agosto de 1936 estivo á fronte dos pelotóns de fusilamento que executaron a un nutrido grupo de políticos das esquerdas, entre eles ao alcalde de Vigo, Emilio Martínez Garrido, e outros políticos vigueses o día 22/08/1936, no cemiterio de Pereiró. Tamén participou na represión en Tui (Pontevedra).

Despois puxérono á fronte de varios pelotóns de fusilamento de grupos de políticos das esquerdas. Participou na redución dos defensores da República en Tui (Pontevedra).

Co tempo marchou á fronte asturiana, onde morre pouco despois, a finais do mes de setembro de 1936, nunha acción de guerra en Peñaflor.

Soterrárono no cemiterio de Pereiró, en Vigo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha