← Volver atrás

Sánchez Rodríguez, Felipe

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Toledo
- 17/03/1885 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1955 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 51 anos. Veciño de Vigo. En xuño de 1926 acadou o grao de comandante do Corpo de Infantería. No ano 1936 tiña o destino no 29º Rexemento Mérida, na cidade viguesa.

Golpista.

Comandante militar da praza de Vigo cando se produce o golpe de Estado, o día 19 de xullo chamou ao alcalde Emilio Martínez Garrido, preocupado porque se ía declarar a folga xeral.

Despois de producirse o movemento rebelde recibe ordes da VIII División Orgánica para que declare, o día 20 de xullo, o estado de guerra e deu ordes ao oficial de Artillería Antonio Carreró Vergés, para que dera coñecemento de tal situación; produciuse unha matanza de civís cando se tenta ler o dito bando na Porta do Sol.

O axente de comercio Manuel Lence González morre por un disparo dun soldado e os concentrados tentan desarmar ás forzas militares; Cerveró ordenou abrir fogo cun resultado de 14 mortes e medio cento de feridos.

Os actos destes enfrontamentos nas rúas de Vigo abranguen do 18 ao 28 de xullo e coñécense como a Batalla de Vigo; Cerveró Vergés dispoñía de 750 homes, entre militares, gardas civís e gardas de asalto.

As testemuñas sinalan que nos enfrontamentos houbo uns 50 mortos e centos de feridos e presos.

Felipe Sánchez tivo a dubidosa “honra” de asinar un bo número de sentenzas á pena de morte de moitas persoas das esquerdas.

Recoñecérono en Vigo con un feixe de honores por mor da sua actuación nos sucesos que ocorreron durante o alzamento “por su inteligencia y valerosa actuación cuando la ola roja amenazaba a la ciudad”, entre eles o de fillo adoptivo, entrega da medalla de platino desta cidade...

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha