← Volver atrás

Rodríguez Iglesias, Pastor

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
- 01/01/2000 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Comerciante, 35 anos. Separado. Veciño de Vigo. Propietario dunha droguería.

Militante da UXT e membro da Agrupación Socialista (AS) de Vigo.

Encarcerado. Sancionado.

Durante o franquismo na súa droguería na rúa Derbi de Vigo agochaba a fuxidos, que ían cara Portugal en barcos de contrabandistas.

Xulgado en consello de guerra en Vigo con outras persoas polo delito de rebelión militar, na causa 142/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua e multa de 5.000.000 de pesetas. Aos seus compañeiros de xuízo condenáronos á pena de morte.

Neste procedemento condenaron á pena de morte a: Ignacio Seoane Fernández e Apolinar Torres López; castigaron coa cadea perpetua a Pastor Rodríguez Iglesias.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra) e na Prisión Central de Burgos.

Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 22/03/1937.

Enviado á Prisión Central de Figueirido (Pontevedra) o 16/02/1939.

Pena ordinaria conmutada, en decembro de 1942, na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de tres anos de prisión menor.

No ano 1969 incorporouse á organización socialista clandestina en Vigo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha