Nacemento:
Morte:
Avogado, funcionario e político, 41 anos. En 1919 casou coa mestra Vicenta Hevia Marinas; tiveron un fillo, Vicente, quen sería xeneral na ditadura franquista, e outro, Alberto, morreu na fronte de guerra en 1939. Veciños do Covelo, Santa María de Samieira, Poio (Pontevedra). Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid. Oficial da Deputación de Pontevedra e secretario da Xunta Provincial de Beneficencia de Pontevedra.
Elixírono concelleiro monárquico de Pontevedra en 1931 polo distrito de Mourente; despois evolucionou cara o centrismo de Manuel Portela Valladares.
Existiron rumores de que pertencía as loxas masónicas.
Paseado.
Co golpe de Estado detivérono na noite do 6 de setembro de 1936 na súa casa do Covelo un grupo de gardas civís, falanxistas e cívicos, que o acusaron de prestar axuda aos das esquerdas nas eleccións de febreiro de 1936 e coa desculpa de levalo diante do gobernador civil.
De camiño a Pontevedra metérono nunha furgoneta con outros detidos; torturáronos e paseáronos ás aforas de Bueu e, de seguido, afondáronos no mar.
O seu corpo apareceu corenta días despois na beira do mar en Santa María de Beluso, Bueu.
Morte rexistrada en Bueu por mor dunha hemorraxia cerebral.
Anos despois, un seu irmán falanxista denuncio estes feitos; as acusacións sobre a orden de detención encamíñanse cara o comandante da Garda Civil Joaquín Velarde Velarde, o gobernador civil Ricardo Macarrón Piúdo e o xefe da Garda Cívica, alférez Víctor Lis Quibén. Tamén se viron implicados dous gardas civís, os cívicos pontevedreses Borrajo; Manuel Mirón Vázquez, o Cheira; José Estévez Blanco, o Raña, e José-Avelino Fraga Alonso, o Chalán, e algúns falanxistas; todos eles eran habituais destas actividades.
A causa 440/40 do Tribunal Militar Territorial de Vigo (Pontevedra), que se iniciou contra os implicados nestes asasinatos, rematou co resultado de sentenza de sobresemento.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.