← Volver atrás

Barja Vázquez, Jesús

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Garda civil. Cabo da Garda Civil.

Represor.

Ao fuxido Juan-Manuel Gómez Corbacho localizárono na Torre, San Martiño de Salcedo, Pontevedra (Pontevedra) e organizouse unha batida, que dirixía o xefe da Garda Cívica de Pontevedra, Víctor Lis Quibén, con 20 gardas cívicos e catro gardas civís; a estes últimos mandábaos o cabo Jesús Barja Vázquez.

Os represores achegáronse a Salcedo e encamiñáronse á casa de Ramón Acuña Iglesias, empregado de tranvías; alí tamén estaba á súa irmá Consuelo Acuña Iglesias e a moza de Gómez Corbacho, Elvira Lodeiro González.

Despois de “hábiles” interrogatorios souberon que Gómez Corbacho e Manuel Méndez Montes agochábanse nunha chabola preto da casa. Prendéronlle lume á dita chabola e, ao tentar fuxir, Juan-Manuel morreu tiroteado; Méndez Montes morreu carbonizado dentro da caseta.

A Ramón, a Consuelo e a Elvira prendéronos e executáronos días despois.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha