Nacemento:
Morte:
Labrego, comerciante e político, 65 anos. Casado.
Detido en abril de 1929, baixo a acusación de agresión ao secretario do concello, Manuel Fernández González.
Agrarista e representante da Federación Labrega de Cambados-Caldas de Reis. Alcalde de Campo Lameiro nos primeiros anos vinte. Novamente alcalde de Campo Lameiro en 1930 e tamén durante a II República. Militou en Acción Republicana (AR). Destituído con toda a corporación en outubro de 1934. Integrouse en Esquerda Republicana (ER) da súa localidade e repuxérono como alcalde en febreiro de 1936. O día 08/03/1936 recibiu unha homenaxe de recoñecemento en Campo Lameiro.
Encarcerado. Morte na cadea.
Cando se produce o golpe de Estado detivérono os sediciosos.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 04/02/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 1136/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Neste consello de guerra condenaron a cadea perpetua a: Timoteo Blanco Abal, José Campos Villar e Vicente-Santiago Soto Martínez; a 15 anos de cadea castigaron a José-Elías Silva Caneda, a 12 anos a Adolfo Caeiro García e a tamén a prisión a Manuel Fuentes Cerviño. Descoñécese a sentenza que lle correspondeu a Lorenzo Silva Barros. Auto de sobresemento provisorio para Emilio González Castro e declaración de fuxido e en rebeldía para Benito-Gabino Méndez Rodríguez.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde se rexistra a súa morte por mor de enfermidade (neoplasia).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.