← Volver atrás

Silva Caneda, José-Elías

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Campo Lameiro
(Pontevedra)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Carpinteiro, 29 anos. Veciño de Campo Lameiro.

Encarcerado.

Cando se produce o movemento golpista participou na requisa de armas en Campo Lameiro e a súa contorna para facer fronte á sublevación militar e seguindo ordes do gobernador civil de Pontevedra. Os franquistas remataron por arrestalo.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 04/02/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 1136/36, co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Neste proceso condenaron a cadea perpetua a: Timoteo Blanco Abal, José Campos Villar e Vicente-Santiago Soto Martínez; a 15 anos de cadea castigaron a José-Elías Silva Caneda, a 12 anos a Adolfo Caeiro García e tamén a prisión a Manuel Fuentes Cerviño. Descoñécese a sentenza que lle correspondeu a Lorenzo Silva Barros. Auto de sobresemento provisorio para Emilio González Castro e declaración de fuxido e en rebeldía para Benito-Gabino Méndez Rodríguez.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra o día 26/06/1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha