← Volver atrás

Méndez Rodríguez, Benito-Gabino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Depurado. Exiliado

Nacemento:

Pontevedra
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestre e político, 27 anos. Casou en Venezuela con María-Ofelia Sangil Hernández; tiveron dous fillos e dúas fillas: Benito, María de las Mercedes, Fernando e María-Ofelia. Veciños de Santa María de Aciveiro, Forcarei (Pontevedra). Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra e acadou o título no ano 1928. Na II República tamén estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Era cuñado de Celestino Poza Pastrana, encarcerado e casado coa súa irmá Isolina Méndez Rodríguez. Mestre en 1928 pola Escola Normal de Pontevedra. Exerceu o maxisterio en 1934 en Santiago de Viascón, Cotobade (Pontevedra) e en 1936 chegou á de Aciveiro.

En marzo de 1931 elixírono secretario da directiva da Xuventude Republicana de Pontevedra. No ano 1932 era secretario da Agrupación Local pontevedresa do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) e presentouse como candidato nas eleccións de 1933 con, entre outras persoas, Celestino Poza Cobas e o xenro deste, José Adrio Barreiro. Tempo andado, pasouse a Unión Republicana (UR).

Fuxido. Depurado. Exiliado.

Cando se produce o golpe de Estado ocultouse durante un ano tras dunha porta no faiado do edificio onde vivían tres das súas irmás: Maruja, Mercedes e Canducha.

Suspendérono de emprego e soldo a finais de agosto de 1936 e separárono do servizo en outubro de 1937.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 04/02/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 1136/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Neste consello de guerra condenaron a cadea perpetua a: Timoteo Blanco Abal, José Campos Villar e Vicente-Santiago Soto Martínez; a 15 anos de cadea castigaron a José-Elías Silva Caneda, a 12 anos a Adolfo Caeiro García e a tamén a prisión a Manuel Fuentes Cerviño. Descoñécese a sentenza que lle correspondeu a Lorenzo Silva Barros. Auto de sobresemento provisorio para Emilio González Castro e declaración de fuxido e en rebeldía para Benito-Gabino Méndez Rodríguez.

No verán de 1937 puido pasar a Venezuela vía Portugal.

Abríuselle un expediente de responsabilidades políticas no que o indultaron no ano 1941.

Xulgado en Pontevedra polo delito de rebelión militar, o día 12/07/1941, co resultado de sentenza a 20 anos de cadea.

Ese mesmo día conmutáronlle a condena pola de seis anos e un día de prisión menor.

Indultárono no ano 1945.

Volveu a Pontevedra coa súa familia o día 04/02/1954.

Procesárono por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.