Nacemento:
Morte:
Avogado e político, 26 anos. Casado con Aurora Poza Pastrana; tiñan unha filla de catro anos (Aurora) e a súa dona quedaba en estado dun neno (José-Luis). Veciños de Pontevedra.
Dirixente de Unión Republicana (UR). En 1933 era gobernador civil de Ourense. Nas eleccións de novembro de 1933 presentouse como candidato polo Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) con, entre outras persoas, o seu sogro Celestino Poza Cobas e con Benito-Gabino Méndez Rodríguez. Militou despois en Unión Republicana (UR), da que foi líder pontevedrés. O día 19/03/1936 elixírono presidente da Comisión Xestora da Deputación de Pontevedra; cesou o día 26 do mesmo mes. En abril de 1936 designárono compromisario pola Fronte Popular (FP) para a elección do presidente da República, Manuel Azaña Díaz.
Executado.
Arrestárono os fascistas que o acusaron de participar na defensa do Goberno Civil de Pontevedra fronte aos militares rebeldes.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de traizón, na causa 660/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Neste xuízo procesaron e condenaron á pena de morte a: José Adrio Barreiro, Luis-Telmo Bernárdez Santomé, Víctor Casas Rey, Ramiro Paz Carvajal, Luis Poza Pastrana, Benigno Rey Pavón e Juan Rico González.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Fusilárono os golpistas ,con outras nove persoas, no Monte da Caeira, no quilómetro 1 da estrada de Campañó, ás 07:00 h.
Nesta acción asasinaron: os médicos Amancio Caamaño Cimadevila, Luis-Telmo Bernárdez Santomé e Luis Poza Pastrana (cuñado de José Adrio Barreiro); os mestres Paulo Novás Souto, Germán Adrio Mañá, Benigno Rey Pavón; o editor Ramiro Paz Carvajal; o avogado José Adrio Barreiro; o xornalista Víctor Casas Rey e o capitán da Garda de Seguridade e Asalto Juan Rico González. Deixaban sete viúvas e 33 orfos.
Soterrárono no cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.