← Volver atrás

Paz Carvajal, Ramiro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Pontevedra
- 29/06/1891 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Caeira, San Salvador de Poio, Poio
(Pontevedra)
- 12/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tipógrafo, xornalista, editor e político, 45 anos. Casado con María-Purificación Beloso Telmo (+1930), coa que tivo tres fillos e dúas fillas: Ramiro, Pura, Óscar, Isidro e Fina, e con Dolores Lois Soto en segundas nupcias; con Lola tivo tres fillas: Elva, Dolores e Ofelia e quedaba preñada dun neno, que Ramiro xa non coñeceu. Veciños de Pontevedra. Para manter á longa familia, en 1910 emigra á República Arxentina; volve no ano 1917. Os baixos salarios dos tipógrafos fixérono emigrar, outra vez, á Arxentina de 1920 a 1922.

Cando volve a Galicia instala unha imprenta propia, El Popular, que editaba o semanario La Hora e Nueva Aurora. Era un enamorado da lectura e da escritura con publicacións en varios xornais.

No ano 1920 era membro da Agrupación Socialista (AS) La Internacional de Pontevedra, que reorganizou no ano 1922 e da que era presidente en 1933.

Por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, detivérono e destruíron a súa imprenta.

En 1936 era membro da Comisión Xestora da Deputación de Pontevedra, presidente do Comité Provincial da Fronte Popular (FP), presidente da Federación Provincial Socialista e, en abril dese ano, compromisario polo PSOE na elección de Manuel Azaña Díaz como presidente da República.

Executado.

Despois do golpe de Estado detivérono o día 20/07/1936 e recluírono na Escola Normal de Pontevedra, habilitada como prisión.

O día 22/10/1936 trasladárono á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), de onde regresou o día 31 para que o xulgaran.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo Pontevedra o día 01/11/1936 polo delito de traizón, na causa 660/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste xuízo procesaron e condenaron á pena de morte a: José Adrio Barreiro, Luis-Telmo Bernárdez Santomé, Víctor Casas Rey, Ramiro Paz Carvajal, Luis Poza Pastrana, Benigno Rey Pavón e Juan Rico González.

Fusilado con outras nove persoas no Monte da Caeira, no quilómetro 1 da estrada de Campañó.

Nesta acción asasinaron a: os médicos Amancio Caamaño Cimadevila, Luis-Telmo Bernárdez Santomé e Luis Poza Pastrana (cuñado de José Adrio Barreiro); os mestres Paulo Novás Souto, Germán Adrio Mañá e Benigno Rey Pavón; o editor Ramiro Paz Carvajal; o avogado José Adrio Barreiro; o xornalista Víctor Casas Rey e o capitán da Garda de Seguridade e Asalto Juan Rico González.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.