← Volver atrás

Novás Souto, Paulo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

São Paulo
(Brasil)
- 16/04/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Caeira, San Salvador de Poio, Poio
(Pontevedra)
- 12/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 37 anos. Solteiro. Veciño de Pontevedra. Fillo de emigrados en Brasil, regresou a Galicia sendo un rapaz novo. Acadou o título de mestre no ano 1914. Mestre da escola mixta de Santa María de Sacos, Cotobade (Pontevedra) de 1925 a 1927, e despois de Santo Adrán de Cobres, Vilaboa (Pontevedra). No ano 1931 accedeu a ser mestre nacional da Escola Preparatoria do Instituto en Pontevedra.

Pertenceu á comisión organizadora da Casa do Mestre de Pontevedra.

Militou en Acción Republicana (AR) en Pontevedra e despois en Esquerda Republicana (ER), na que desenvolveu o cargo de secretario provincial.

Executado.

Prendérono os golpistas despois do alzamento militar rebelde.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo Pontevedra, o día 01/11/1936, polo delito de traizón co resultado de sentenza á pena de morte.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Fusilárono os franquistas con outras nove persoas no Monte da Caeira, no quilómetro 1 da estrada de Campañó.

Nesta acción finaron asasinados: os médicos Amancio Caamaño Cimadevila, Luis-Telmo Bernárdez Santomé e Luis Poza Pastrana (cuñado de José Adrio Barreiro); os mestres Paulo Novás Souto, Germán Adrio Mañá e Benigno Rey Pavón; o editor Ramiro Paz Carvajal; o avogado José Adrio Barreiro; o xornalista Víctor Casas Rey e o capitán da Garda de Seguridade e Asalto Juan Rico González.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha