← Volver atrás

Rey Pavón, Benigno

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Pontevedra
- 09/03/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Caeira, San Salvador de Poio, Poio
(Pontevedra)
- 12/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 28 anos. Solteiro. Fillo de Arturo Rey Juncal (+1935) e de Sofía Pavón, encarcerada; as súas irmás Teresa, Lola, Fefa e Sofía tamén sufriron cadea. Veciño de Pontevedra. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Mestre nacional desde 1931 e destacado deportista da ximnasia. Mestre interino de San Pedro de Lantaño, Portas (Pontevedra) en 1933. En 1936 era mestre de Penzol, Merelo, Vegadeo (Principado de Asturias).

Militante do Partido Galeguista (PG) en Pontevedra, semella que desde xuño de 1931, e despois no de Ribadeo (Lugo).

Dirixente da Sociedade Ximnástica de Pontevedra.

Executado.

Cando se produce o golpe de Estado achábase de vacacións en Pontevedra, participa na requisa de armas, na convocatoria de folga xeral e na tentativa de impedir a saída das tropas á rúa.

Remata detido polos franquistas e ingresado na Escola Normal de Pontevedra, convertida entón en cadea.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Pontevedra o día 31/10/1936 polo delito de traizón, na causa 660/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste xuízo procesaron e condenaron á pena de morte a: José Adrio Barreiro, Luis-Telmo Bernárdez Santomé, Víctor Casas Rey, Ramiro Paz Carvajal, Luis Poza Pastrana, Benigno Rey Pavón e Juan Rico González.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Fusilado con outras nove persoas no Monte da Caeira, no quilómetro 1 da estrada de Campañó.

Nesta acción asasinaron a: os médicos Amancio Caamaño Cimadevila, Luis-Telmo Bernárdez Santomé e Luis Poza Pastrana (cuñado de José Adrio Barreiro); os mestres Paulo Novás Souto, Germán Adrio Mañá e Benigno Rey Pavón; o editor Ramiro Paz Carvajal; o avogado José Adrio Barreiro; o xornalista Víctor Casas Rey e o capitán da Garda de Seguridade e Asalto Juan Rico González.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha