Nacemento:
Morte:
Médico e político, 51 anos. Casado con Isabel Gómez Costas; tiveron cinco fillos e catro fillas: Telmo, Jesús, Isabel, Basilio, María, José-Benito, Rita, Pedro e Carmen; outro fillo morreu de corta idade. Veciños de Redondela. Pai dos mestres depurados e encarcerados Telmo Bernárdez Gómez e Jesús Bernárdez Gómez; a súa filla, tamén mestra, Isabel Bernárdez Gómez exiliouse coa súa nai e os irmáns máis pequenos en Portugal, Francia, Estados Unidos e México, onde chegaron no ano 1939. Telmo era médico municipal de Redondela en 1923. Vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra.
Impulsor do agrarismo en Pontevedra. Elixido alcalde de Redondela o día 17/02/1923; renunciou o día 13/09/1923 cando triunfa a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja. Delegado gobernativo en Redondela. Xefe provincial de Esquerda Republicana (ER), en abril de 1936 elixírono compromisario para a elección do presidente da República, Manuel Azaña Díaz.
Editor de Nueva Gente e de La Opinión.
Era membro dunha loxa masónica.
Executado.
Despois do golpe de Estado asesorou ao Comité de Folga de Redondela, onde non houbo incidentes de gravidade. Detivérono os fascistas o día 05/09/1936 cos seus fillos Telmo e Jesús e pasou polos cárceres de Vigo (Pontevedra), Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra) e Pontevedra.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Pontevedra polo delito de traizón, na causa 660/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Neste procedemento condenaron á pena de morte a: José Adrio Barreiro, Luis-Telmo Bernárdez Santomé, Víctor Casas Rey, Ramiro Paz Carvajal, Luis Poza Pastrana, Benigno Rey Pavón e Juan Rico González.
Fusilado con outras nove persoas no Monte da Caeira, no quilómetro 1 da estrada de Campañó.
Nesta acción asasinaron: os médicos Amancio Caamaño Cimadevila, Luis-Telmo Bernárdez Santomé e Luis Poza Pastrana (cuñado de José Adrio Barreiro); os mestres Paulo Novás Souto, Germán Adrio Mañá, Benigno Rey Pavón; o editor Ramiro Paz Carvajal; o avogado José Adrio Barreiro; o xornalista Víctor Casas Rey e o capitán da Garda de Seguridade e Asalto Juan Rico González.
A súa familia e círculo social sufriron duras represalias.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.