← Volver atrás

Bernárdez Gómez, Telmo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado. Depurado. Exiliado

Nacemento:

Redondela
(Pontevedra)
- 01/12/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cidade de México
- 28/03/2011 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, 22 anos. Solteiro. Veciño da rúa Pablo Iglesias, 19, en Bueu (Pontevedra). Fillo do médico Luis-Telmo Bernárdez Santomé, executado, e de Isabel Gómez Costas; eran nove irmáns, entre eles Jesús Bernárdez Gómez, exiliado, e José Bernárdez Gómez, exiliado. A súa irmá Isabel Bernárdez Gómez e a súa nai exiliáronse en Portugal, Francia, Estados Unidos e México. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Mestre nacional do Pósito de Mariñeiros de Bueu desde setembro de 1936.

Militante de Esquerda Republicana (ER) en Redondela.

Encarcerado. Sancionado. Depurado. Exiliado.

Despois do golpe dos militares rebeldes prendérono co seu pai e co seu irmán Jesús e ingresáronos na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Tamén estivo na cadea de Pontevedra, co seu pai e o seu irmán.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de deserción o día 09/01/1937, na causa 950/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua e multa de 25.000 pesetas segundo resolución do 09/01/1937.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.

Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 16/05/1937.

Enviado á Prisión Central de Figueirido (Pontevedra) o 14/03/1939.

Depurárono como mestre nacional ao igual que os seus irmáns Jesús e Isabel.

Cando saíu da cadea por unha redución da condena, exiliouse en México, onde exerceu de docente.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha