← Volver atrás

Bernárdez Gómez, Jesus

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado. Depurado. Exiliado

Nacemento:

Redondela
(Pontevedra)
- 24/08/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cidade de México
(México)
- 15/10/2009 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, 20 anos. Solteiro. Solteiro. Fillo do médico Luis-Telmo Bernárdez Santomé, executado, e de Isabel Gómez Costas; eran nove irmáns, entre eles Telmo Bernárdez Gómez, encarcerado e exiliado, e José Bernárdez Gómez, encarcerado e exiliado. A súa irmá Isabel Bernárdez Gómez e a súa nai exiliáronse en Portugal, Francia, Estados Unidos e México cos cinco irmáns máis pequenos. Estudou Maxisterio desde 1931 na Escola Normal de Pontevedra como os seus irmáns Telmo e Isabel. Mestre nacional do Pósito de Mariñeiros de Cangas (Pontevedra).

Sendo estudante militou desde 1933 na Federación Universitaria Escolar (FUE). Aos 18 anos ingresou na Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e, despois, pasou a Esquerda Republicana (ER), da que exerceu a presidencia en Redondela.

Encarcerado. Sancionado. Depurado. Exiliado.

Despois do golpe dos militares rebeldes prendérono co seu pai e co seu irmán Telmo e ingresáronos na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar, o día 09/01/1937, co resultado de sentenza a cadea perpetua e multa de 25.000 pesetas.

Ábreselle un expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Pasou polas cadeas da Illa de San Simón e Figueirido, en Pontevedra, co seu pai e o seu irmán.

Consegue fuxir do cárcere de Redondela e refuxiarse en Portugal, de onde pasa a Francia e logo a territorio leal.

Oficial de Enxeñeiros do exército republicano, loitou na Batalla do Ebro, acadando o grao de tenente.

Ao rematar a guerra civil volveu pasar a Francia e internárono no campo de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).

Marchou cara México no barco Ipanema; alí desenvolveu o cargo de catedrático na Escola Normal Superior e o de presidente do Centro Republicano Español en México.

A partires de 1976 pasou algunhas tempadas en España.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.