Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 48 anos. Xa viúvo de Nieves Sobrido Allés (+1932) e con cinco fillos, casou coa súa cuñada Rita Sobrido Allés. Pai de Nieves Adrio Sobrido, depurada. Estudou Ciencias Exactas en Salamanca, sen rematar; en 1927 acadou o título de Mestre Superior. Mestre nacional, director e propietario do Colexio X de Vilagarcía de Arousa. Tamén mestre do plano profesional da Graduada de Pontevedra.
Concelleiro de Pontevedra na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja. Militante da UXT e da Agrupación Socialista (AS) de Vilagarcía de Arousa. Concelleiro na súa vila natal na II República.
Executado. Depurado.
Arrestárono despois do golpe fascista.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo Pontevedra, o día 01/11/1936, polo delito de traizón co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilado con outras nove persoas no Monte da Caeira, no quilómetro 1 da estrada de Campañó.
Nesta acción asasinaron: os médicos Amancio Caamaño Cimadevila, Luis-Telmo Bernárdez Santomé e Luis Poza Pastrana (cuñado de José Adrio Barreiro); os mestres Paulo Novás Souto, Germán Adrio Mañá, Benigno Rey Pavón; o editor Ramiro Paz Carvajal; o avogado José Adrio Barreiro; o xornalista Víctor Casas Rey e o capitán da Garda de Seguridade e Asalto Juan Rico González.
Ábreselle un expediente de depuración como mestre nacional.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.