← Volver atrás

Sobrido Allés, Rita

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Sancionada

Nacemento:

Santa Baia de Arealonga, Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 16/03/1888 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Caeira, San Salvador de Poio, Poio
(Pontevedra)
- 12/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Casada co mestre e político Germán Adrio Mañá, viúvo da súa irma Nieves Sobrido Allés (+decembro 1932) e que deixara cinco orfos, a maior con oito anos. O seu home estudara Ciencias Exactas en Salamanca, sen rematar; en 1927 acadou o título de Mestre Superior e exerceu de mestre nacional, director e propietario do Colexio X de Pontevedra; tamén traballou de mestre do plano profesional da Graduada de Pontevedra.

Germán fora concelleiro de Pontevedra na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja, militante da UXT e da Agrupación Socialista (AS) de Vilagarcía de Arousa e tamén concelleiro na República.

Sancionada.

Ao seu home fusilárono con outras nove persoas no Monte da Caeira, San Salvador de Poio, Poio (Pontevedra), no quilómetro 1 da estrada de Campañó, o día 12/11/1936.

Coas familias dos outros fusilados tivo que facer fronte a unha multa dun millón de pesetas, polo que lle embargaron bens e propiedades.

Seguiu a vivir en Pontevedra, convivindo cos represores e traballando duro no seu taller de bordado para manter á súa familia. Coa axuda doutra das fillas do seu home, Maruja, conseguiron que Germán Adrio Sobrido puidera rematar a carreira de Medicina.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha