← Volver atrás

Méndez Rodríguez, Isolina

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada. Denigrada. Depurada

Nacemento:

Pontevedra
- 01/11/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Roque de Combarro, Poio
(Pontevedra)
- 25/04/1971 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestra, 24 anos. Casou co médico Celestino Poza Pastrana despois de que este estivera na cadea na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra). Veciños de Santa María de Dúas Igrexas, Forcarei (Pontevedra). Mestra nacional de Dúas Igrexas. O seu irmán Benito-Gabino Méndez Rodríguez, tamén mestre, escondeuse ata a súa fuxida a Portugal e, logo, a Venezuela.

Encarcerada. Denigrada. Depurada.

Despois do golpe de Estado retivérona os fascistas máis dun mes na Escola Normal de Pontevedra e tamén a raparon como medida de presión contra do seu irmán, que se mantiña escondido.

As súas irmás Maruja, Mercedes e Canducha agocharon ao seu irmán Benito-Gabino e estiveron en arresto domiciliario.

Ábreselle un expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo o día 01/09/1936. Separárona do servizo e dérona de baixa na escala de mestres o día 11/05/1940.

Morreu nun accidente de tráfico.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha