← Volver atrás

Poza Pastrana, Celestino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado

Nacemento:

Pontevedra
(Pontevedra)
- 02/09/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
(Pontevedra)
- 25/04/1971 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e político, 32 anos. Casou con Aurelia Couto Mallén (+1938) e despois con Isolina Méndez Rodríguez. Veciños de Pontevedra. A súa dona era irmá do mestre de Marín, Agustín Couto Mallén, depurado. Fillo do médico Celestino Poza Cobas, encarcerado; irmá de Luis Poza Pastrana, fusilado, e de Aurora Poza Pastrana, dona do avogado José Adrio Barreiro, executado con Luis. O seu cuñado Benito-Gabino Méndez Rodríguez exiliouse. Rematou a licenciatura de Medicina na Universidade de Madrid en 1928 e desenvolveuse como médico no Hospital Provincial de Pontevedra.

Presidente do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) en Pontevedra e, despois, militou en Unión Republicana (UR).

Encarcerado. Depurado.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 115/37, co resultado de sentenza a prisión.

Ingresado na cadea de Pontevedra e, co tempo, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), protagonizou un plante ao negarse a confesar cos curas da cadea. Preso ata novembro de 1937.

Ata o ano 1943 os franquistas non lle devolven os bens que lle requisaran.

Novamente detido no ano 1947 acusado de pertencer á Unión de Intelectuais Libres (UIL).

Destituírono como médico do Hospital Provincial en agosto de 1936, emprego de cirurxián no que o repuxeron no ano 1951.

Morreu, coa súa dona Isolina, despois dun accidente de tráfico en San Roque de Combarro, Poio (Pontevedra), no que resultaran feridos de gravidade.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha