← Volver atrás

Molina Brandao, Alfonso

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Colaboracionista

Nacemento:

A Coruña
- 15/05/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Río de Xaneiro
(Brasil)
- 25/11/1958 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Político, 29 anos. Solteiro. Veciño da rúa Paseo da Dársena, 1, na Coruña. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos pola Universidade de Madrid. En 1934 traballaba na Deputación Provincial da Coruña como enxeñeiro director de Vías e Obras. O seu avó materno Alejandro Brandao tamén fora alcalde coruñés.

Colaboracionista.

Iniciada a guerra civil loitou no bando rebelde como tenente honorario de Enxeñeiros.

Presidiu a Cámara da Propiedade da Coruña e foi concelleiro da cidade herculina de 1938 a 1944. Vogal da Xunta de Obras do Porto e do Banco da Coruña, conselleiro de Astano e de La Voz de Galicia. Presidente do Casino coruñés durante catro anos.

No ano 1947 nomeárono os franquistas alcalde da Coruña, na substitución do militar Eduardo Ozores Arráiz, posto que desenvolveu ata a súa morte en 1958; impulsou moita obra pública, como a hoxe coñecida como Avenida de Alfonso Molina.

Membro da xunta pro Pazo de Meirás por mor da grande amizade que, desde 1938, tiña con Francisco Franco Bahamonde. Era o home dos Franco na Coruña.

Procurador nas Cortes franquistas de 1947 a 1958.

Membro correspondente da Real Academia Galega (RAG).

O seu falecemento prodúcese dun ataque cardíaco durante unha viaxe a Brasil; ao seu enterro acudiron, segundo a prensa da época, unhas 100.000 persoas. Era moi popular, o home de Franco na cidade.

Sucedeuno como alcalde, o día 19/05/1959, Sergio Peñamaría de Llano, quen atopou as arcas municipais completamente valeiras e cheas de débedas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha