← Volver atrás

Fernández Rey, Manuel

Alcume: Ulloa
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego. Solteiro. Veciño de Becerreá (Lugo).

Militante do PCE.

Fuxido.

Cando se produce o golpe militar marchou cara o Principado de Asturias, onde loita como miliciano republicano.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 18/01/1938 polo delito de rebelión militar, na causa 190/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Proceso contra varios veciños de Becerreá, Baralla, Cervantes e As Nogais.

Nesta xuízo condenaron á pena de morte a: Manuel Fernández Núñez, Luis García Vázquez e Manuel Villares Gómez; tamén condenaron á mesma pena, logo conmutada pola de cadea perpetua a: Claudio Arrojo Suárez, Manuel Fernández López, Jesús-Salvador García Vázquez, José González Rivero, Pedro Gutiérrez Gutiérrez, Nicomedes Lamas Díaz, José-María Maseda Alonso e Abel Valcárcel Puente.

Sentenciaron a cadea perpetua a: Isidoro Bao Poy, David Cercedo Fernández, Bautista Díaz Neira, Ricardo Doval Darriba, Adolfo-Manuel Fernández Díaz, Jesús Fernández Méndez, Camilo García González, Ricardo García Santín, Facundo González Simón, Jesús González Simón, Balbino López González, Emilio Núñez Cabana, Eliseo Rey Seijas, Amadeo Rivero Gómez e Ricardo Vázquez García.

Pena de 12 anos e un día de prisión para: José Arrojo Otero, Constantino Bendoiro Carballo, Ramiro García Rodríguez, Román González Pereira, Canuto Rey Fernández e José Santiso Pereira.

Castigos de seis anos de cadea para: José Fernández López e Manuel Fernández Sánchez de Poy.

As sentenzas de absolución beneficiaron a: Daniel Bao Ferreiro, Lucas Cabana López, Felipe Díaz García, Emilio Fernández Núñez, José-María Freijo López, Nicolás Freijo López, Triburcio-N. Gómez, Nicasio López Sanjurjo e Adolfo Pérez Mendoza.

O auto declarou fuxidos e en rebeldía a: Luis-Antonio Álvarez Pombo, Eduardo Castro Vázquez, Faustino Cela Sanmartino, Herminio Doval Núñez, Ricardo Eirós González, Manuel Fernández Rey, Constantino Pereira, Antonio Ulloa Regueiro, Ricardo Varela Roibás e Casimiro Villares Quintana.

Abel Rodríguez Cabana morreu na cadea antes de que se ditara a sentenza.

Segundo un informe de Falanxe de maio de 1940, suponse morto.

Xulgado en consello de guerra en Lugo por atraco a man armada, asasinato e relación con fuxidos, na causa 323/41. Neste proceso acumuláronse varias causas.

O tribunal condenou neste xuízo a 12 anos de cadea a Antonio Ulloa Regueiro. Tamén procesaron a: Ricardo Eirós González, Manuel Fernández Rey, Gerardo Lamas Cerezales a ao seu irmán Pedro Lamas Cerezales.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.