Nacemento:
Morte:
Labrego, 28 anos. Solteiro. Veciño das Nogais. Irmán de Facundo González Simón, tamén encarcerado.
Encarcerado.
Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 05/07/1937.
Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 18/01/1938 polo delito de rebelión militar e auxilio á rebelión, na causa 190/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do día 06/03/1938. Proceso contra varios veciños de Becerreá, Baralla, Cervantes e As Nogais.
Condenaron á pena de morte a: Manuel Fernández Núñez, Luis García Vázquez e Manuel Villares Gómez; tamén condenaron á mesma pena, logo conmutada pola de cadea perpetua a: Claudio Arrojo Suárez, Manuel Fernández López, Jesús-Salvador García Vázquez, José González Rivero, Pedro Gutiérrez Gutiérrez, Nicomedes Lamas Díaz, José-María Maseda Alonso e Abel Valcárcel Puente.
Sentenciaron a cadea perpetua a: Isidoro Bao Poy, David Cercedo Fernández, Bautista Díaz Neira, Ricardo Doval Darriba, Adolfo-Manuel Fernández Díaz, Jesús Fernández Méndez, Camilo García González, Ricardo García Santín, Facundo González Simón, Jesús González Simón, Balbino López González, Emilio Núñez Cabana, Eliseo Rey Seijas, Amadeo Rivero Gómez e Ricardo Vázquez García.
Pena de 12 anos e un día de prisión para: José Arrojo Otero, Constantino Bendoiro Carballo, Ramiro García Rodríguez, Román González Pereira, Canuto Rey Fernández e José Santiso Pereira.
Castigos de seis anos de cadea para: José Fernández López e Manuel Fernández Sánchez de Poy.
As sentenzas de absolución beneficiaron a: Daniel Bao Ferreiro, Lucas Cabana López, Felipe Díaz García, Emilio Fernández Núñez, José-María Freijo López, Nicolás Freijo López, Triburcio-N. Gómez, Nicasio López Sanjurjo e Adolfo Pérez Mendoza.
O auto declarou fuxidos e en rebeldía a: Luis-Antonio Álvarez Pombo, Eduardo Castro Vázquez, Faustino Cela Sanmartino, Herminio Doval Núñez, Ricardo Eirós González, Manuel Fernández Rey, Constantino Pereira, Antonio Ulloa Regueiro, Ricardo Varela Roibás e Casimiro Villares Quintana.
Abel Rodríguez Cabana morreu na cadea antes de que se ditara a sentenza.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo e concédeselle a prisión atenuada o día 17/07/1943.
Interno na Prisión Provincial de Lugo, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 235 do día 23/08/1943.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1958.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.