Nacemento:
Morte:
Avogado e político, 38 anos. Casou en Lugo en xaneiro de 1930 con Rosalía Iglesias Rodríguez; tiveron un fillo: Manuel. Veciños de Baralla. No ano 1917 foi un dos organizadores en Neira de Xusá das Irmandades da Fala. Licenciado en Dereito en 1923. Cabo do Somatén de Neira de Xusá en 1924 e secretario interino deste concello en 1925; cesando neste cargo en 1927 polo seu traslado a Becerreá (Lugo).
Durante a II República militou na Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), elixírono vogal do Partido Republicano Galego (PRG) polo Partido Xudicial de Becerreá en maio de 1932. Máis tarde dirixiu Esquerda Republicana (ER) en Neira de Xusá.
Fuxido. Sancionado.
Xulgado en Lugo o día 18/01/1938 polo delito de rebelión militar, na causa 190/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Proceso contra varios veciños de Becerreá, Baralla, Cervantes e As Nogais.
Condenaron á pena de morte a: Manuel Fernández Núñez, Luis García Vázquez e Manuel Villares Gómez; tamén condenaron á mesma pena, logo conmutada pola de cadea perpetua a: Claudio Arrojo Suárez, Manuel Fernández López, Jesús-Salvador García Vázquez, José González Rivero, Pedro Gutiérrez Gutiérrez, Nicomedes Lamas Díaz, José-María Maseda Alonso e Abel Valcárcel Puente.
Sentenciaron a cadea perpetua a: Isidoro Bao Poy, David Cercedo Fernández, Bautista Díaz Neira, Ricardo Doval Darriba, Adolfo-Manuel Fernández Díaz, Jesús Fernández Méndez, Camilo García González, Ricardo García Santín, Facundo González Simón, Jesús González Simón, Balbino López González, Emilio Núñez Cabana, Eliseo Rey Seijas, Amadeo Rivero Gómez e Ricardo Vázquez García.
Pena de 12 anos e un día de prisión para: José Arrojo Otero, Constantino Bendoiro Carballo, Ramiro García Rodríguez, Román González Pereira, Canuto Rey Fernández e José Santiso Pereira.
Castigos de seis anos de cadea para: José Fernández López e Manuel Fernández Sánchez de Poy.
As sentenzas de absolución beneficiaron a: Daniel Bao Ferreiro, Lucas Cabana López, Felipe Díaz García, Emilio Fernández Núñez, José-María Freijo López, Nicolás Freijo López, Triburcio-N. Gómez, Nicasio López Sanjurjo e Adolfo Pérez Mendoza.
O auto declarou fuxidos e en rebeldía a: Luis-Antonio Álvarez Pombo, Eduardo Castro Vázquez, Faustino Cela Sanmartino, Herminio Doval Núñez, Ricardo Eirós González, Manuel Fernández Rey, Constantino Pereira, Antonio Ulloa Regueiro, Ricardo Varela Roibás e Casimiro Villares Quintana.
Abel Rodríguez Cabana morreu na cadea antes de que se ditara a sentenza.
No ano 1940 ábreselle un expediente no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña, que o castigou cunha multa.
Despois de estar fuxido, volve no ano 1949 e retómase a súa causa de 1937, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio segundo a resolución do día 23/03/1950.
Colaborador da guerrilla antifranquista.
Volveu exercer como avogado a partires dos anos cincuenta.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.