← Volver atrás

López Sanjurjo, Nicasio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Becerreá
(Lugo)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 37 anos. Casado. Veciño de Vilar de Ousón, San Martiño de Cruzul, Becerreá.

Encarcerado.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 20/03/1938.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 18/01/1938 polo delito de rebelión militar, na causa 190/37, co resultado de libre absolución e a disposición do delegado de Orde Pública. Proceso contra varios veciños de Becerreá, Baralla, Cervantes e As Nogais.

Neste proceso condenaron á pena de morte a: Manuel Fernández Núñez, Luis García Vázquez e Manuel Villares Gómez; tamén condenaron á mesma pena, logo conmutada pola de cadea perpetua a: Claudio Arrojo Suárez, Manuel Fernández López, Jesús-Salvador García Vázquez, José González Rivero, Pedro Gutiérrez Gutiérrez, Nicomedes Lamas Díaz, José-María Maseda Alonso e Abel Valcárcel Puente.

Sentenciaron a cadea perpetua a: Isidoro Bao Poy, David Cercedo Fernández, Bautista Díaz Neira, Ricardo Doval Darriba, Adolfo-Manuel Fernández Díaz, Jesús Fernández Méndez, Camilo García González, Ricardo García Santín, Facundo González Simón, Jesús González Simón, Balbino López González, Emilio Núñez Cabana, Eliseo Rey Seijas, Amadeo Rivero Gómez e Ricardo Vázquez García.

Pena de 12 anos e un día de prisión para: José Arrojo Otero, Constantino Bendoiro Carballo, Ramiro García Rodríguez, Román González Pereira, Canuto Rey Fernández e José Santiso Pereira.

Castigos de seis anos de cadea para: José Fernández López e Manuel Fernández Sánchez de Poy.

As sentenzas de absolución beneficiaron a: Daniel Bao Ferreiro, Lucas Cabana López, Felipe Díaz García, Emilio Fernández Núñez, José-María Freijo López, Nicolás Freijo López, Triburcio-N. Gómez, Nicasio López Sanjurjo e Adolfo Pérez Mendoza.

O auto declarou fuxidos e en rebeldía a: Luis-Antonio Álvarez Pombo, Eduardo Castro Vázquez, Faustino Cela Sanmartino, Herminio Doval Núñez, Ricardo Eirós González, Manuel Fernández Rey, Constantino Pereira, Antonio Ulloa Regueiro, Ricardo Varela Roibás e Casimiro Villares Quintana.

Abel Rodríguez Cabana morreu na cadea antes de que se ditara a sentenza.

Puxérono en liberdade o día 05/08/1938.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.